Ambos directivos cambiaron de categoría un condutor e obrigárono a exercer de padioleiro, a sabendas de que padecía dunha hernia discal cervical derivada dunha sobrecarga de traballo, como así certificou a Seguridade Social. Aos cinco días de prestar servizo como padioleiro, o empregado sufriu unha recaída da súa lesión, polo que actualmente se atopa de baixa por accidente de traballo, como recoñece a propia mutua.
A CIG-Transporte considera que o encargado, Mariano Moares Rial, e o xerente da empresa, Enrique Blanco Manzano, puxeron en perigo a integridade física do traballador e, por tanto, a Fiscalía ten elementos suficientes para actuar neste caso contra os responsábeis de Servicios Sanitarios de La Coruña.