Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 27/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Máis de 3.000 persoas mobilízanse en Vigo contra os recheos e a destrución da ría

Convocada pola Ría non se vende
A rede A Ría non se vende convocaba o 25 de maio unha manifestación contra a destrución do territorio, e no concreto, da ría de Vigo. Unha manifestación, con moita cor e berros contra os recheos e a Autoridade Portuaria, encheu a cidade de resistencia a un modelo de desenvolvemento cada vez máis insustentábel.
A manifestación saiu desde a Praza da Estrela, na imaxe.

Durante máis de catro quilómetros foron moitas as persoas e colectivos que se mobilizaron na defensa da ría de Vigo, nunha manifestación que partía da Praza da Estrela ás doce da mañá, e que chegaba perto das dúas da tarde a Bouzas.

Non máis recheos

Moitas das críticas que se escoitaron nesta marcha foron encamiñadas contra o novo recheo previsto para o porto de Bouzas, pero tamén noutros conflitos abertos nesta localidade como a macrodepuradora do Río Lagares ou a ampliación do porto deportivo de Teis.

A manifestación defendeu a "explotación pesqueira e marisqueira fronte á especulación urbanística e industrial".

A marcha contou con asistentes dos 16 colectivos que integran "A ría non se vende", aos que se sumaron outros procedentes de diversos puntos de Galiza, como O Ribeiro ou Ferrol.

Manifesto final

Á súa chegada a Bouzas, as organizacións leron un manifesto no que avogaron pola preservación da ría de Vigo como fonte de vida, traballo e riqueza natural, o mantemento de máis de 15.000 postos de traballo que dependen directamente dos recursos produtivos da ría e a eliminación da "contaminación actual" mediante un control de verquidos ou a utilización de sistemas de depuración.

Ademais reclamaron a paralización inmediata dos proxectos de recheo previstos pola Autoridade Portuaria, asi como se poña "punto final" á instalación de máis portos deportivos na ría.

 

cig.prensa@galizacig.com