Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 27/5/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os sindicatos esixen ás caixas información sobre as súas previsións no que respecta ao emprego e ás relacións laborais

As centrais con representación en Caixanova e Caixa Galicia tamén reclaman a convocatoria urxente da mesa de negociación do pacto
As cinco centrais sindicais con representación nas caixas galegas -CIG, CCOO, UGT, CSICA e CGT- esixen ás empresas que faciliten toda a información referente ás previsións que manexan no que respecta ao emprego e ás relacións laborais dos traballadores.

A decisión foi adoptada durante a reunión que mantiveron en Santiago de Compostela o xoves 27 de maio para abordar o futuro dos empregados das dúas entidades crediticias unha vez consumada a fusión. Na xuntanza tamén acordaron reclamar a convocatoria urxente da mesa de negociación do pacto laboral da fusión.

Ademais disto, os sindicatos solicitan unha serie de garantías aos representantes das dúas caixas do país:

-O compromiso de non utilización de ningún tipo de medida traumática.

-A non segregación da rede.

-A negociación dun protocolo de homologación, partindo do recoñecemento dos dereitos adquiridos.

-A garantía de continuidade da Obra Social e da natureza xurídica das caixas de aforros.

-A presentación dun plan de futuro da nova entidade, cunha explicación clara do deseño dos centros de traballo.

-Un plan de prexubilacións negociado coa representacións sindical e que sexa voluntario para todas as persoas.

-O compromiso de mantemento das condicións laborais de todas as persoas que traballan en empresas vinculadas a ambas as caixas.

cig.prensa@galizacig.com