Neste senso, os delegados da CIG na empresa reiteran a viabilidade de Emesa Trefilería, volveron esixir o propietario –o Grupo Previdente- a paralización do ERE de extinción para a totalidade do cadro de persoal e que se busquen alternativas ao peche, todavez que o período de consultas do expediente remata este mesmo sábado.
Neste senso criticaron unha vez máis as trabas que está a pór o grupo para facilitar unha posíbel venda das instalacións do Polígono de Sabón e denunciaron todas as operacións levadas a cabo por Previdente nestes últimos anos, destinadas a descapitalizar Emesa Trefilería e a deslocalizar a produción noutras plantas que ten no norte de Portugal.