Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 27/7/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Secretariado Confederal da CIG reunirase o día 27 de agosto para valorar a data máis acaída para a folga xeral

Haberá mobilizacións conxuntas os días 3 e 10 de agosto
A Executiva Confederal da CIG, reunida este venres en convocatoria extraordinaria, acordou convocar de forma conxunta con CCOO e UGT as concentracións previstas para os días 3 e 10 de agosto, coincidindo coa celebración dos Consellos de Ministros para denunciar as constantes agresións aos dereitos laborais, sociais e democráticos da clase traballadora galega.

Do mesmo xeito, decidiu convocar para o día 27 de agosto, unha xuntanza do Secretariado Confederal para valorar as propostas de mobilizacións conxuntas e para proceder á apertura dun debate interno, de cara a debater e acordar a data máis acaída para a convocatoria de folga xeral.

A Executiva tamén acordou convocar o día 7 de setembro concentracións diante das sedes da patronal, e para o día 21 mobilizacións en todas as comarcas. A principios  de Setembro haberá unha nova xuntanza cos secretarios de organización estatais de CCOO e UGT.

cig.prensa@galizacig.com