Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 27/8/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Perto de cincuenta empresas da Construción pecharon este ano na provincia de Lugo

Denuncia da CIG-Construción da lentitude da Xustiza nestes casos
Unhas cincuenta empresas da construción pecharon na provincia de Lugo no que vai de ano. Esas son as cifras que deu a coñecer o secretario comarcal da CIG-Construción de Lugo, Antonio Niño. Desde a central sindical nacionalista, criticouse que a xustiza "está a ser moi lenta para resolver a situación que se crea despois destes peches", e informou de que este sector está a ser o máis afectado polo desemprego na crise.

Medio centenar de empresas da construción pecharon na provincia de Lugo no que vai de ano, segundo os datos cos que conta o secretario comarcal da CIG, Antonio Niño, quen subliñou que é "difícil facer unha valoración aproximada" porque o tipo de firmas dos que estamos é o "unha pequena empresa, mesmo autónomo con certos empregados". 

Problemática destas empresas

"O que acontece coa maioría destas sociedades é que chegan a unha situación de insolvencia, que non hai ningún tipo de patrimonio e ao final rematase cobrando do Fondo de Garantía Salarial para o que se pode tardar máis dun ano en percibir o que se lle debe a estes traballadores afectados"informou Niño. 

Lentitude da xustiza

Nese sentido, o secretario comarcal da CIG-Construción de Lugo lamentou a "lentitude" con que funciona a xustiza en Lugo para resolver estes casos e destacou que este é un sector "moi flexíbel", con empresas que chegaron a dispor de 40 operarios e, seis meses después, poden chegar a pasar a ter seis traballadores.

"Aquí, neste sector tan afectado pola crise, é onde está o maior número dos parados na provincia", rematou por manifestar Niño.

cig.prensa@galizacig.com