Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 27/9/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG de Ferrol intensifica a campaña de chamamento á participación na folga xeral

Murais, cartaces e valos publicitarios animan á secundar tanto o paro como as manifestacións convocadas pola central
Apurando ás últimas horas antes da xornada de folga xeral, a CIG-Mocidade de Ferrol ten intensificado a campaña de información e chamamento á participación tanto no paro como nas manifestacións que a central ten convocadas o mércores 29 de setembro. Así, duplicouse o esforzo no reparto de material, asembleas, pega de carteis e elaboración de murais.

Seguindo os acordos da última asemblea, a CIG-Mocidade de Ferrol intensificou estes últimos días a campaña de información e mobilización de cara a folga xeral entre a xente máis nova. Así, realizáronse varios murais pola cidade e procedeuse a colar os cartaces da campaña para pórlle cara a crise, que se desenvolve baixo o lema “Que os ricos paguen a crise”. Con estas accións, a CIG busca mobilizar aos mozos e ás mozas na xornada de loita do mércores 29 de setembro.

Ademais, tamén se intensificou a campaña confederal de propaganda estes últimos días coa colación de valos publicitarios por toda a comarca, nas que se fai un chamamento tanto á participación na folga como nas manifestacións convocadas pola central.

cig.prensa@galizacig.com