Até o momento en Gonvarri só se estaba a traballar en dúas quendas de mañá e tarde, mais a empresa anunciou a súa vontade de abrir a quenda de noite o 14 de febreiro, mais decidiu adiantar esta quenda ao 31 de xaneiro, ao mesmo tempo que anunciaban a decisión de presentar o terceiro ERE en ano e medio.
Horas extra e ETT
Marcos Conde, secretario comarcal da CIG-Metal en Pontevedra, cualifica de "sin sentido" este novo expediente xa que hai dous traballadores contratados por ETT, e se están a realizar numerosas horas extras, mesmo traballando sábados e domingos.
Expediente innecesario
"É un expediente innecesaria, e entendemos que o prioritario é que haxa un compromiso de mantemento dos postos de traballo máis alá deste expediente. Para nós é primordial", subliña Conde, xa que desde outras centrais sindicais, como UGT, se entende que o compromiso do mantemento do emprego é innecesario e que só sería papel mollado, "mais no contexto no que estamos é un arma moi importante que temos, e temos que defender os postos de traballo en primeiro lugar".
En Gonvarri hai 45 persoas en produción e 30 en administración, e a dirección xa afirmou que prescindiría de 10 traballadores de produción.
O sábado 30 de xaneiro terá lugar unha asemblea de traballadores na que decidiran que posición conxunta van tomar ao redor destas cuestións, e nomeadamente sobre o ERE.