Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 28/10/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O almacén do centro de saúde actual.
Esta é a sala de estar e descanso coa que contan os traballadores e traballadoras do ambulatorio de Tomiño.
Vista desde o exterior do actual centro de saúde.
Este é o novo centro de saúde, que permanece coas portas pechadas malia estar rematada a súa construción.
Entrada do novo centro de saúde, aínda sen utilizar nin abrir.

CIG Saúde convoca folga no Centro de Saúde de Tomiño pola apertura do novo ambulatorio

Para o 27 de novembro
CIG-Saúde comunica o acordo de declaración de folga no centro de saúde de Tomiño, dependente da Xerencia de Atención de Primaria de Vigo para o 27 de novembro. Denuncian con esta folga que xa está rematado, desde hai meses, o novo centro de saúde realizado neste concello do sul da provincia de Pontevedra, e que é preciso que abra as súas portas, xa que o actual centro de saúde conta cunhas condicións moi precarias. 
Este é o estado da actual sala de atención médica de pediatría.

Diante das condicións do actual centro de saúde de Tomiño, repetidamente denunciadas desde a central sindical nacionalista (masificación, deterioro e falta de mantemento) que afectan tanto ás condicións de traballo como ás condicións en que son atendidos os usuarios e usuarias, e tendo en conta que o novo centro de saúde está rematado na súa construción, coa convocatoria de folga "demandamos a apertura inmediata do novo centro de saúde".

Despois dunha reunión mantida o luns 27 de outubro, na que desde Sanidade se comprometeron a abrir este  centro de saúde novo na segunda semana de novembro, a CIG Saúde decidiu adiar a folga que tiña prevista para comezar o 4 de novembro até o 27 de novembro, dando un prazo de confianza aos responsábeis de Atención Primaria e da Consellaria para que se poña en funcionamento este necesario e novo centro de saúde.

Necesidade de cambio de ubicación

Nas imaxes que acompañan esta nova pódese comprobar a necesidade e urxencia da mudanza de local, pola precariedade e as condicións na que ten que traballar o persoal sanitario e ser atendidos os usuarios e usuarias deste servizo, e sobre todo, dándose a situación de que este centro de saúde novo xa está rematado.

cig.prensa@galizacig.com