Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 28/10/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Delegadas do Consorcio e a CIG exixen a rectificación da Secretaria Xeral Susana López Abella

Desmentiron todas e cada unha das declaracións “difamatorias”sobre a forma de acceso ao posto de traballo
Delegadas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acompañadas polo secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, desmentiron esta mañá, en rolda de prensa, todas e cada unha das declaracións realizadas pola Secretaria Xeral, Susana López Abella, o pasado sábado, ante os medios de comunicación. Unhas declaracións coas que consideran que se difama ao persoal das oficinas do Consorcio e das que exixen a súa rectificación.

O persoal das oficinas de I+B e, en xeral, do Consorcio, considera inadmisíbeis as declaracións realizadas pola Secretaria Xeral coas que acusaba ás traballadoras e traballadores de ser persoal elixido a dedo polo anterior goberno, cando todas e cada unha destas persoas accederon aos seus postos de traballo a través dun proceso público que se desenvolveu en sucesivas convocatorias.

Así, explicaron que todo o persoal pasou por tres tipos de probas: unha teórica, unha práctica, unha defensa do último exame e un concurso na convocatoria do proceso selectivo para o II Plan Galego de Inclusión Social, que foi publicado no DOG nº 43 do xoves 1 de marzo de 2007, para o equipo coordinador dos servizos centrais e no DOG nº 77 para os equipos comarcais. Outro persoal accedeu tras superar dous tipos de exame no proceso selectivo convocado no seo do Plan de Familia, que foi publicado no DOG nº 206 do 24 de outubro do Plan de Igualdade e do 2007.

Tamén houbo persoal que accedeu atendendo aos chamamentos realizados para cubrir as vacantes do Plan da Infancia e Adolescencia, realizados a través das listaxes de contratación existentes no consorcio pola orde estabelecida no 2008.

Precariedade laboral

As traballadoras e traballadores do consorcio denunciaron ademais a precariedade laboral que padecen, cunha media salarial situada entre os 800 e os 1000 euros ao mes; cun horario superior ao pactado no resto das administracións públicas –fan máis de 40 horas-, e duplicando o traballo para cubrir ás súas compañeiras cando están de baixa, porque estas non se cobren.

A isto, engaden que teñen que facer uso dos seus propios medios para o desenvolvemento do seu traballo, por exemplo, o coche propio, chegando a cubrir unha media de 600 quilómetros mensuais.

Sinalan, ao tempo a temporalidade á que están expostas porque aínda que o sistema de acceso foi por oposición ou por concurso oposición, a maioría das traballadoras/es ten un contrato por obra e servizo, declarado ilegal pola propia inspección de traballo. Alén diso, no caso das oficinas de I+B todos os programas están vinculados a convenios anuais.

Por iso, anunciaron que adoptarán medidas como a resolución dos comités exixindo a rectificación; promoverán unha recollida de sinaturas; solicitarán entrevistas cos grupos parlamentarios e estudarán outras accións na asemblea de todo o persoal convocada para o xoves.

cig.prensa@galizacig.com