Nesta xuntanza, os integrantes da Mesa queren tratar a situación na que se atopan os mariscadores e mariscadoras, así como o futuro da propia ría de Ferrol, pois entenden que a contaminación das augas é un problema transversal que afecta a toda a cidadanía e que polo tanto “é responsabilidade de todas as administracións (local, autonómica e estatal) a súa solución”.
Neste senso, lembran que o colectivo de mariscadores/as padecen as consecuencias directas desta problemática medioambiental, ao perder a posibilidade de traballo. “Neste momento, denuncian, a Consellaría pretende de maneira unilateral cambiar as condicións do Plan de Rexeneración desta ría, abandonando a este colectivo sen posibilidades de traballo e sen alternativa de futuro”.