Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 28/4/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Metal advirte que se non se producen avances na negociación do convenio convocaranse paros parciais no sector

Cando se cumpre a sétima xornada do peche da Comisión negociadora na delegación de Traballo en Vigo

Este martes 28 de Abril acadábase a sexta xornada do peche na Delegación de Traballo en Vigo da parte sindical da Comisión Negociadora do convenio provincial do metal en Pontevedra. Na tarde de hoxe producíase unha nova xuntanza da mesa de negociación coa patronal, na que os representantes dos traballadores/as agardaban avances de cara a un acordo para o convenio, aínda que tamén advertían que no caso contrario as mobilizacións ían sufrir un incremento na súa intensidade.
Membros da Comisión de Negociación ás portas da delegación de Traballo en Vigo.

A media tarde de onte, 26 de abril, os representantes da comisión comparecían en asemblea diante dun centenar de traballadoras/es que, a pesar da intensa chuvia, estaban concentrados na entrada ao edificio da Xunta de Galicia en Vigo, e nela denunciaron a falta de avances na negociación, por mor da actitude da patronal e da administración.

Advertencia de paros parciais

O secretario nacional da CIG-Metal, Miguel Malvido, anunciou que "se non se dá unha resposta satisfactoria este martes por parte da patronal, convocaranse paros parciais no sector que ten mais carga de traballo", o que podería significar "o punto de inicio e arrastre do conxunto do sector na provincia".

Nova xuntanza este martes

Este martes estase desenvolvendo unha nova reunión da Comisión Negociadora, que para Serxio Fontanes, responsábel comarcal de Negociación Colectiva da Federación do Metal da CIG en Vigo, representa “un punto de inflexión onde ou ben vai rematar a negociación e empezaría un conflito ou pola contra avanzaría".

Ademais asegurou que "non están dispostos a seguir ralentizando isto de tal forma que os traballadores sigan sen saber cal vai ser o poder adquisitivo no seu convenio, o que afectaría ás economías familiares".

cig.prensa@galizacig.com