O pasado mes de febreiro celebrábanse as eleccións sindicais na Fundación USC Deportiva, un dereito que teñen recoñecido todos os traballadores e traballadoras, ao igual que o de escoller libremente os representantes dos traballadores do sindicato que queiran para que os representen ante a empresa ou formar parte duha candidatura se así o consideran.
Sorprendentemente, a Fundación USC Deportiva procedeu ao despedimento dunha candidata as eleccións sindicais o derradeiro día de presentación de candidaturas ás eleccións sindicais. Esta actitude represiva, segundo denuncian, tanto a CIG como a UGT, tense dado con anterioridade nalgunha empresa, pero “non deixa de sorprendernos que isto suceda a día de hoxe na mesmísima Universidade de Santiago de Compostela, e que se utilicen cartos públicos para represaliar aos traballadores e traballadoras e non permitir a liberdade sindical”.
Ademais, explican que a Fundación impugnou xudicialmente as eleccións sindicais celebradas malia un laudo arbitra emitido pola Inspección de Traballo dar a razón aos sindicatos representados na empresa.
Por iso, pediron nesta concentración á Fundación USC Deportiva a readmisión inmediata da compañeira despedida e que deixe de represaliar aos traballadores que elixen libremente exercer e reclamar os seus dereitos.