Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 28/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Candidatura da CIG en EMESA.

A CIG gaña as eleccións en EMESA na primeira ocasión que presenta candidatura

Esta empresa do Metal, radicada en Coirós, conta con 370 operarios
A CIG gañou as eleccións sindicais en EMESA, empresa especializada en estruturas metálicas radicada en Coirós, ao conseguir 6 delegados, fronte aos 4 obtidos por CCOO e aos 3 de UGT. Os presentes resultados adquiren unha especial relevancia para a central nacionalista ao tratarse da primeira ocasión en que presenta candidatura.
A CIG venceu en EMESA ao obter 6 delegados.

O 69% dos operarios participou neste proceso electoral. Hai catro anos UGT conseguira 7 representantes e CCOO, 6. Grazas a esta nova vitoria da central nacionalista, a CIG consolídase como o sindicato con máis representación no sector do Metal en Galiza.

Elaborados Metálicos, S.A. (EMESA), filial do Grupo ISOLUX, é unha empresa especializada no deseño, fabricación e montaxe de todo tipo de estruturas metálicas e caldeirería. Está radicada no polígono industrial de Coirós e conta con 370 traballadores no seu cadro de persoal.

Preme aquí para consultar o blogue da Sección Sindical da CIG en EMESA

cig.prensa@galizacig.com