Segundo informan desde a CIG-Servizos de Ferrol esta era a terceira vez que se repetía o proceso electoral porque, como lle consta á central sindical, a empresa intentou por todos os medios que non se puidese presentar, o que provocou a interposición de demandas dos anteriores procesos.
CIG-Servizos denuncia que DIA é unha empresa na que hai unha grande precariedade laboral e onde o anterior comité non respostou ás demandas das traballadoras desta empresa. A maioría das traballadoras sofren o abuso desta cadea de alimentación, con pouco persoal nas tendas, mobilidade continua sen previo aviso e sen un calendario laboral para conciliación.
“Con esta nova aposta das traballadoras”, din, “comeza unha nova etapa neste supermercado” e comprométense a encetar un xiro na política de persoal, tal e como están demandando as traballadoras, para obrigar á empresa a que se faga realidade.