Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 28/5/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Concello de Ferrol desenténdese da situación que padece o persoal do servizo de axuda a domicilio e das débedas coas empresas

Excluíu do concurso á asociación DYA e a Serviasistencia, cuxas empregadas levan catro meses sen cobrar, mais sen aclarar cando se realizarán as subrogacións
A Federación de Servizos da CIG de Ferrol vén advertir ao Concello que tomará todas as medidas oportunas na defensa das traballadoras e traballadoras da asociación DYA e a empresa Serviasistencia, ás que o goberno municipal excluíu do concurso para a prestación de servizo a domicilio, e coas que mantén importantes débedas económicas. A CIG-Servizos denunciou a situación de indefensión na que teñen quedado os empregados/as destas firmas, ao non garantírselle a subrogación, e os trastornos que se están a causar aos usuarios/as deste servizo.
As traballadoras da asociación DYA ás portas do salón de plenos do Concello.

Dende a Federación de cualificaron de “lamentábeis e, cando menos vergoñentas”, as prácticas  ilegais que o Concello de Ferrol vén facendo” a respecto do servizo de axuda a domicilio. Dende a CIG-Servizos explican que o Concello debe uns 300.000 euros á Asociación sen ánimo de lucro DYA e varios meses á empresa Serviasistencia, até agora encargadas de prestar este servizo. Ademais, as traballadoras desta última levan catro meses sen cobrar.

A pesar desta situación crítica e de varios plenos municipais nos que se abordou esta problemática, a CIG-Servizos de Ferrol critica que “o Partido Socialista non se decata; explícanos que as contas do Concello son marabillosas, que aínda lles quedan cartos por gastar e que pretenden “irse de excursión a Adelaida” a conta de todos nós, os contribuíntes, cando teñen débedas que pagar a empresas e traballadoras/es”.

A CIG-Servizos subliña que o prego realizado polo Concello para a contratación de empresas para axuda a domicilio “é ilegal e non explica como e cando sen van realizar as subrogacións”, deixand ás traballadoras/es nunha situación de total indefensión. Neste senso, continúan, o importante para os usuarios/as da axuda a domicilio non é que empresa vaia ter a contrata, senón que os atenda a auxiliar de sempre. “O que pretendía o goberno municipal con isto non o sabemos, pero o que conseguiron, a parte de molestar os usuarios/as, foi poñelos nerviosos e desgustalos gratuitamente”, lamentan.

A decisión do Concello e a débeda que mantén coa asociación DYA tena levado a que o vindeiro 30 de xuño se disolva, mais sen que se saiba aínda que empresa vai atender este servizo nin que vai acontecer cos usuarios/as e traballadoras/es. 

“Agardamos que o Concello de Ferrol se poña a traballar dunha vez, que se deixe de estupideces que non afectan á clase traballadora, arranxe as desfeitas que fixo e asuma as súas responsabilidades dunha vez e polo ben de todos”, denuncian.

cig.prensa@galizacig.com