Os tres grupo políticos amosaron o seu apoio ás reivindicacións dos traballadores/as no pleno ordinario do mes de xuño celebrado esta tarde no Pazo de Mos, ademais de trasladarlle á empresa a necesidade de que manteña todos os postos de traballo na localidade.
Na moción instan tamén o Goberno español e a Xunta de Galiza a "realizar as xestións precisas para evitar a deslocalización da empresa e a conseguinte perda de actividade económica e de postos de traballo no municipio". Un grupo de traballadores/as, membros do comité e representantes sindicais da CIG (entre eles os secretarios nacional e comarcal da federación de Químicas e Enerxía) e CCOO estiveron presentes na sesión.