Desde a CIG Saúde de Vigo, recollen na súa páxina web unha crónica da rolda de prensa de Pilar Farjas: "a conselleira non quixo concretar a incógnita do financiamento aínda que deu por feito a "colaboración" de capital privado, este comentario atopou deseguida un gran sorriso e complicidade nos responsables de POVISA, presentes no acto e que foron recibidos con grandes mostras de afecto pola conselleira e polo séquito que a acompañaba. Unha vez rematado a rolda de prensa repartíronsebicos, beliscos, guiños e demais xestos de colegueo entre os responsables do SERGAS e Silveira junior, incluso Lucia Molares (delegada territorial do PP) se tomou a licenza de darlle un toqueciño no bandullo de Silveira junior (POVISA) e un guiño de ollo, como que "isto está feito".
A convocatoria da rolda de prensa fíxose o domingo pola tarde, algo inédito, e desde a CIG-Saúde subliñan que "querían conseguir un efecto sorpresa para despistar a posibles discrepantes coa política sanitaria da consellería, pero os servizos de intelixencia da nosa central chegan onde eles non se imaxinan".
Rolda de prensa da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
O martes 29 de setembro haberá unha rolda de prensa da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública onde se anunciarán as medidas a tomar ante tal situación.