"Os datos do segundo trimestre de 2009 da Contabilidade Trimestral de Galiza, poñen de manifesto que a caída da actividade económica non acaba de tocar fondo; se ben é certo que non é o mesmo a evolución deste indicador trimestral que interanual, tanto nun caso como noutro, os valores son negativos; no caso trimestral a caída relantízase, mentres que con respecto os mesmo período do ano anterior, o descenso do PIB é moito maior", subliña o texto.
Sectores máis afectados
Sobre o impacto que está a ter a crise no emprego no noso país destaca este informe que "as actividades máis prexudicadas son o téxtil e as relacionadas coa construción e co automóbil. Os traballadores que están quedando sen emprego son ou autónomos ou asalariados con contrato temporal".
Ademais, o informe manifesta que hai un incremento nun tipo de emprego que se crea nestas épocas de crise, como é " tempo parcial e feminino, que é outro indicador da crise, xa que ante a falla ou diminución de ingresos na unidade familiar, a muller acepta calquera tipo de traballo. Sen esquecer a economía mergullada, que prolifera como fungos en épocas de crise".
Aumento da taxa de desemprego
Sinala tamén que "a taxa de paro está aumentando exponencialmente. En termos absolutos, estímase en 170.400 persoas sen emprego, un 56% máis que fai un ano. Non so aumentou fortemente o número de desempregados, senón tamén o período de duración do desemprego".
Informe completo
Para coñecer máis de perto todos estes datos, acompañados da analise e reflexións da economista do gabinete técnico da CIG Natividad López Gromaz, adxuntamos ao final desta nova o documento completo en formato pdf.