O pasado 27 de xaneiro celebráronse as eleccións sindicais nos dous centros de traballo que Einsa ten en As Pontes (Ediciones Informatizadas e Einsa Print International), nas que a CIG volveu saír como primeira forza sindical, acadando a maioría da representación en ambos Comités (compostos por nove membros cada un).
Na representación total, a CIG obtivo 120 votos e 8 delegados (catro por cada Comité), mentres que CCOO conseguiu 80 votos (5 membros nos Comités) e as candidaturas de UGT obtiveron 67 votos, e tamén 5 delegados.
Os resultados consolidan a CIG como a opción maioritaria entre os operarios, mentres que a dirección da empresa fixo unha clara aposta polos candidatos da UGT nos técnicos, organización que até agora non tiña representación.
Estas eleccións tamén veñen a consolidar a primacía da CIG no grupo empresarial, pois dos 32 delegados que existen nas fábricas de As Pontes e Pontedeume, a CIG conta con 15 delegados, CCOO con 10 e UGT con 7.