Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 29/1/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores de Venus Artes Gráficas levan sen cobrar os seus salarios dende o pasado mes de decembro

A empresa, que ademais terá que abandonar a nave na que está instalada por orde xudicial, tamén adebeda ao persoal as pagas extraordinarias xullo e nadal
A Federación de Químicas, Enerxía e Artes Gráficas da CIG denunciou a situación na que se atopan os traballadores da imprenta Venus Artes Gráficas, que levan sen cobrar os seus salarios desde decembro de 2009. A empresa, que ademais terá que abandonar, por orde xudicial, a nave do Polígono de Pocomaco (A Coruña) onde está instalada, tamén adebeda aos sete operarios as pagas extraordinarias de xullo e nadal, así como a de beneficios do pasado ano. Dende a CIG-Químicas xa se puxo en coñecemento da Inspección de Traballo e máis do xulgado so social esta situación.

A empresa, situada no Polígono de Pocomaco, adebédalles aos sete traballadores que conforman actualmente o cadro  de persoal a paga de beneficios do 2009, a paga de xullo, a paga de decembro e o salario do mes de decembro de 2009. Ningún responsable da empresa deu explicacións até o momento sobre a actual situación;  nin cómo, nin cando se vai pagar os salarios adeudados nin que vai pasar cos postos de traballo.

Os traballadores continúan indo a traballar a diario sen que a empresa lles dea ocupación efectiva. A maiores desta situación para o día 25 de febreiro de 2009 o empresario debe abandonar a nave, segundo consta en sentenza firme do xulgado de instancia nº 1 de A Coruña, que resolve o procedemento de desafiuzamento por falta de pago do aluguer das naves ao seu propietario.

A CIG vén de denunciar estes feitos diante da Inspección Provincial de Traballo e diante do xulgado do social coa finalidade de que se recoñezan as débedas salariais, ao  tempo que se denuncia publicamente a actitude irresponsábel do empresario que mira unicamente os seus intereses, deixando aos traballadores na máis absoluta das indefensións.

A CIG esixe  polo tanto o abono dos salarios impagados e que o empresario responda da actual situación e presente solucións concretas, sacando os traballadores da incertidume na que se atopan ao respecto do seu inmediato futuro.

cig.prensa@galizacig.com