Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 29/10/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Xosé María Casas De Ron, Xefe da Inspección de Traballo de Pontevedra, Luciano Fernández, secretario comarcal da FGAMT de Vigo, e Ernesto López Rei, responsábel nacional de Saúde Laboral da FGAMT-CIG.
Xosé Fernández Piñeiro, secretario nacional da FGAMT-CIG.

Presentase a guia sobre a incidencia dos transtornos musculo esqueléticos no sector téxtil galego

Nas Primeiras Xornadas de prevención de riscos laborais no téxtil

Ao longo de toda a mañá o xoves 28 de outubro tiveron lugar as Primeiras Xornadas de Prevención de Riscos Laborais no sector téxtil, no que se presentou a Guia sobre a incidencia dos transtonos musculo esqueléticos no sector téxtil galego, un rigoroso informe para denunciar que moitas das baixas por enfermidade común ou IT veñen derivadas de enfermidades profisionais, como produto destes transtornos musculo esqueléticos. A saúde laboral como unha necesidade fundamental foi outro dos temas a debate entre as máis de 40 delegadas e delegados do sector presentes neste encontro.

Luciano Fernández, secretario comarcal da FGAMT da CIG en Vigo, comezaba estas xornadas saudando ás participantes, delegados e delegadas do téxtil de toda Galiza, e dando a benvida á cidade de Vigo a estas compañeiras e compañeiros.

Presentación da Guia

O responsábel nacional en materia de saúde laboral da FGAMT-CIG, Ernesto López Rei, presentaba pouco despois, desde as once da mañá a "Guia sobre a incidencia dos transtonos musculo esqueléticos no sector téxtil galego", que sobre a base dun rigoroso estudo realizado, apresentan un total de 20 pontos de afección no corpo das traballadoras do téxtil e sobre a base músculo-esquelética derivadas da súa profisión.

Asi, Ernesto López, sinalou que "estamos diante dun estudo analítico que trata cuestións como a actividade muscular media para cada posto de traballo, o tempo de esforzo, ou o tempo de exposición ao risco biomecánico, e é un estudo realizada con traballadoras e traballadores do téxtil galego".

Esta guia descrebe a actividade e fala de riscos potenciais, polo que pola súa importancia o responsábel de Saúde Laboral salientaba que "se este manual circula a xente ten que saber que esa doenza non é unha casualidade nin unha desgraza, porque todos os accidentes laborais e enfermidades profisionais se poden evitar".

Intervención de Inspección de Traballo

Xosé María Casas de Ron, Xefe da Inspección de Traballo de Pontevedra, tamén participou destas xornadas para dar a coñecer os protocolos existentes da saúde laboral asi como as ferramentas que desde a Administración poden aportar.

Casas de Ron engadiu que "o 100% das enfermidades profisionais no téxtil son enfermidades provocadas polos transtornos musculo esqueléticos, mais non son cousas illadas senón que hai outros factores que afectan como os axentes químicos, máquinas, ruído, a mala ventilación ou as ferramentas utilizadas". Tamén fixo fincapé na importancia do coidado da ergonomia nos postos de traballo, que teñen que ser contemplados no plan de riscos das empresas.

Importancia da saúde laboral

Por último, o secretario nacional da FGAMT, Xosé Fernández Piñeiro, explicou que a "saúde laboral é un elemento decisivo para nós no ámbito individual e colectivo, porque as enfermidades derivadas do noso traballo son un problema de saúde e de calidade de vida, e mesmo porque este tipo de enfermidades sexan recoñecidas tamén ten unha repercusión no económico".

cig.prensa@galizacig.com