Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 29/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Constitúese en Lugo a Asemblea de desempregadas e desempregados

Ten carácter aberto e reunirase cada primeiro martes de mes no salón de actos da casa sindical
Desempregados e desempregadas de Lugo acordaron, nunha xuntanza convocada pola CIG, constituír a asemblea de desempregados/as, que funcionará con carácter aberto á totalidade das persoas que queiran traballar na mesma e que estean nesta situación, non só a afiliadas/os á CIG. A asemblea reunirase cada primeiro martes de mes no salón de actos da casa sindical e a primeira xuntanza está convocada para o vindeiro martes, día 6 de novembro, ás 11:00 horas.

A asemblea nace co obxecto de reivindicar os dereitos do colectivo de desempregados/as, que cada vez vai en aumento e que, por desgraza está sendo afectado polos recortes a través da diminución das prestacións e outros dereitos.

Xa acordaron facer repartos informativos o martes 30 e o mércores 31 de novembro, nas dúas oficinas de emprego da cidade de Lugo co obxecto de a dar a coñecer entre as e os lucense en situación de desemprego, para animar a participar na mesma.

Calquera persoa que queira pórse en contacto coa mesma pódeo facer no enderezo electrónico asembleadesempregadaslugo@gmail.com ou no enderezo de facebook http://www.facebook.com/asemblea.desempregadxslugo

cig.prensa@galizacig.com