Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 29/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O alcalde de Vigo decide suspender o pleno polas protestas dos empregados/as de mantemento do Instituto Municipal de Deportes

Os afectados/as, que teñen unha sentenza ao seu favor por cesión ilegal de traballadores/as, reclaman a readmisión até que se resolva o recurso
O alcalde de Vigo volveu suspender hoxe o pleno ante as protestas dos colectivos presentes entre o público. Nesta ocasión as reivindicacións chegaban dos empregados/as da empresa auxiliar de mantemento do Instituto Municipal de Deportes (IMD) -que reclaman a a súa readmisión despois da sentenza ao seu favor por cesión ilegal de traballadores/as- e da plataforma Stop Desahucios. A secretaria comarcal da CIG-Servizos interveu na sesión para demandar que os afectados/as volvan aos seus postos até que non se resolva o recurso.

O rexedor do PSOE optou novamente por suspender un pleno municipal ante as protestas, algo que chegou a ser habitual durante o conflito das limpadoras/es dos colexios públicos da cidade. Nun primeiro momento interrompeu a sesión durante uns minutos, pero pouco despois decidía adiala até o o vindeiro mércores ás nove da mañá.

A secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo tomou a palabra ao comezo do pleno para expoñer a problemática dos 11 empregados/as do IDM despedidos. Transi Fernández lembrou que os afectados/as desenvolvían na empresa auxiliar labores propias do persoal laboral do IMD dende 1998, a través de diversas contratas, cando se lles comunica que se lles rescinden os contratos.

Diante disto, a central nacionalista presenta diversas denuncias, “gañando a máis importante, que clarifica e expresa que o Concello era o que determinaba que o grupo de traballadores/as ocupou postos e desenvolveu labores iguais que o persoal do IMD”.

A pesar da sentenza, o Goberno local do PSOE négase a readmitilos “estando nestes momentos a o cadro de persoal sen ningún salario e sen poder obter a prestación por desemprego”, polo que reclamou que volvan ao seu posto de traballo até que se resolva o recurso presentado polo Concello contra a sentenza. O propio edil de Deportes, que tamén interveu no pleno, reiterou a decisión do Goberno local de esgotar a vía xudicial antes de readmitilos, o que rematou por acender o ánimo dos presentes. 

cig.prensa@galizacig.com