Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 29/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os empregados/as da cafetería do Meixoeiro inician folga indefinida para esixir un novo convenio e denunciar atrasos nos soldos

Dende a CIG-Servizos lembran que a empresa concesionaria, Oh Vigo, tamén adebeda varios salarios e pagas extras
Os empregados/as da cafetería do Meixoeiro iniciaron hoxe unha folga indefinida para reclamar a negociación dun novo convenio colectivo e denunciar débedas e atrasos no pago de salarios. Os afectados/as trasladáronlle á Inspección de Traballo que a dirección da empresa concesionaria, Oh Vigo, desprazou a varias traballadoras dende outros centros de traballo para minimizar o impacto do paro.

A mobilización foi secundada por todos os empregados/as, a excepción dun encargado que leva só un par de meses na compañía, polo que a cafetería estivo practicamente sen actividade. Dende a CIG-Servizos explicaron que se puxeron en contacto coa Inspección de Traballo para denunciar que a dirección decidiu desprazar tres persoas doutro centro de traballo “a pesar de que non están adscritas a contrata”.

Os empregados/as decidiron convocar a folga para denunciar a ruptura das negociacións do novo convenio colectivo, que non produciron avances até o de agora. Ao mesmo tempo, critican os problemas no cobro de salarios, con atrasos dende o mes de xaneiro. A compañía tamén lles adebeda varios salarios e pagas extraordinarias.

Os afectados/as aproveitaron a xornada de paro para concentrarse cunha faixa ás portas da cafetería.

cig.prensa@galizacig.com