Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 29/12/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG-Construción e Madeira de Ferrol lembra aos traballadores/as do sector que o 31 de decembro é festivo por convenio

Advirten que vixiarán o estrito cumprimento do calendario laboral
Dende a Federación de Construción e Madeira da Confederación Intersindical Galega queren informar aos traballadores e traballadoras aos que se lles aplica o Convenio Colectivo Provincial da Construción e que non conten con calendario laboral de empresa propio, que o mércores día 30 de decembro ten unha xornada de 5 horas e que o día 31 de decembro é Festivo de Convenio, polo que non son días laborábeis.

Con respecto aos traballadores e traballadoras que teñen como  convenios de aplicación o da Pintura, Rematantes e serradoiros de madeira, Carpintaría e Derivados do Cemento e que non contan con calendario laboral propio, informar que o xoves 31 de decembro é Festivo Convenio.

Dende a Federación de Construción e Madeira de Ferrol tamén informaron que vixiarán o estrito cumprimento do calendario laboral mantendo un permanente contacto coa Inspección Provincial de Traballo para perseguir posíbeis prácticas abusivas por parte das  empresas.

Así mesmo, a CIG-Construción de Ferrol informa que os festivos por convenio dos diferentes calendarios asinados até o momento para o ano 2010 distribúense da seguinte maneira:

- Construción: 4, 5, 7 e 8 de xaneiro; 16 de febreiro; 8 e 11 de outubro e 7, 23, 24 e 31 de decembro de 2010.

- Pintura: 4, 5, 7 e 8 de xaneiro; 16 de febreiro; 8 e 11 de outubro e 7, 24 e 31(media xornada) de decembro de 2010.

- Carpintería: 4, 5, 7 e 8 de xaneiro; 11 de outubro e 7,  24 e 31 de decembro de 2010.

- Rematantes e serradoiros de madeira: 4, 5, 7 e 8 de xaneiro; 15 e 16 de febreiro; 11 de outubro e 7,  24 e 31 de decembro de 2010.

cig.prensa@galizacig.com