A xornada de folga foi convocada polo Comité de empresa (do que forma parte a CIG con dous representantes) logo da aprobación en asemblea polo 99% dos asistentes. Cómpre lembrar que os operarios deste servizo teñen equiparadas as súas condicións económicas co persoal do Concello de Ourense. As reunións mantidas co alcalde tampouco valeron para solucionar o conflito.
No caso de que non se atendan as reivindicacións dos traballadores, a folga reiniciarase o 11 de xaneiro, pero con carácter indefinido.