Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 29/4/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG gaña as eleccións sindicais do persoal funcionario da Axencia Tributaria

A central sindical sube de un a catro representantes nas provincias da Coruña e Pontevedra
A CIG-Administración Pública gañou as eleccións sindicais do persoal funcionario da Axencia Estatal Tributaria (AEAT), celebradas en Galiza o xoves 28 de abril. A central conseguiu 11 representantes e incrementou significativamente a súa presenza nas Xuntas de Persoal Funcionario da Coruña e Pontevedra-Vigo, onde conseguiu subir de un/ha a catro o número de delegados/as.

A CIG obtivo 11 representantes nas Xuntas de Persoal das catro provincias, converténdose así en primeira forza sindical entre os funcionarios e funcionarias, deste subsector do Estado.

Especialmente destacábeis son os resultados obtidos nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde a central nacionalista pasou de un representante a catro. Do mesmo xeito, en Ourense subiuse de un delegado a dous, mentres que en Lugo os resultados foron similares aos conseguidos hai catro anos.

En total, estaban chamados a participar no proceso uns 1.000 funcionarios e funcionarias.

Dende a CIG-Administración agradeceuse a confianza depositada nas candidaturas da central e o apoio ao modelo de acción sindical defendido pola Confederación Intersindical Galega.

 

CANDIDATURAS

DELEGADOS ELECTOS

 

TOTAIS

CO

LU

OU

PON

CIG

4

1

2

4

11

SIAT-USO

4

1

1

4

10

GESTHA

2

2

1

3

8

CSI-F

2

2

2

2

8

CCOO

2

1

2

1

6

UGT

2

1

1

2

6

FEDECA

1

0

0

1

2

AXENTES

0

1

0

0

1

Totais Electos

17

9

9

17

52

cig.prensa@galizacig.com