Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 29/5/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Traballadores/as de Multiservicios Aeroportuarios concéntranse en Lavacolla en contra da precariedade laboral

A empresa négase a pagar as horas extras e a transformar os contratos temporais en indefinidos a pesar da orde de Inspección
Traballadores e traballadoras da empresa Multiservicios Aeroportuarios concentráronse no aeroporto de Lavacolla en Compostela para denuncia a precariedade laboral que padecen dende hai meses. A empresa, négase a transformar os contratos temporais do persoal en indefinidos, a pesar de que así lle obrigou a Inspección de Traballo, ao tempo que continúa obrigando aos traballadores/as a realizar horas extras sin pagar por elas.

Dende a Federación de Servizos da CIG de Compostela denuncian que Multiservicios aeroportuarios, empresa que ten a concesión para asistencia a persoas con mobilidade reducida no aeroporto dende xullo de 2008. Neste servizo,  explican, traballan 20 persoas, case todas a media xornada e con contratos temporais, “cobrando un salario arredor de 400 euros e obrigadas a realizar horas sin que lle paguen nada por elas”.

Esta situación de precariedade xa foi denunciada pola CIG-Servizos ante a Inspección de Traballo, quen obrigou á empresa a tranformar todos os contratos temporais en indefinidos, ao tempo que prohibiu a realización de horas extraordinarias, xa que estas non se poden realizar por traballadores/as con contrato eventual.

“A empresa desobedece estes requerimentos e négase a facer contratos indefinidos pretendendo que se sigan facendo horas de máis”, critican dende a Federación.

Ademais reclámase responsábilidades a AENA, que ten subcontratado este servizo, e “é coñecedora destas infraccións e da situación de precariedade dos traballadores e sigue sen facer nada por remedialo”.

cig.prensa@galizacig.com