Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 29/6/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG gaña as eleccións sindicais con maioría absoluta no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

Nas eleccións elexíronse un total de 47 delegados/as dos que a CIG acadou 26 (55,3%)
O persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar avalou hoxe o traballo sindical desenvolto pola CIG nestes últimos catro anos. Segundo os dados provisionais a CIG acadou 26 delegados/as dun total de 47.  A CIG valora moi positivamente os resultados obtidos e considera que supoñen un respaldo ao traballo desenvolto neste catro anos, dirixido fundamentalmente á defensa da consolidación dos postos de traballo, a evitar a privatización dos centros que dependen do Consorcio e a integrar aos/as traballadores/as no V Convenio de Laborais da Xunta de Galiza.

En Lugo non se celebraron eleccións por non ter rematado o período para o que foron elexidos os delegados/as. A CIG ten a representación de todos/as delegados/as sindicais, 4 de técnicos e administrativos e 1 de especialistas non cualificados. É dicir, despois das eleccións realizadas hoxe, a CIG acada 31 de 52 delegados/as, o 60% da representación sindical.

Nestas eleccións estaban chamados a participar un total de 1429  electores dos diferentes centros de traballo que dependen do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Escolas Infantís, Centros de día, Quérote e centros de I+B.

A distribución de delegados/as é a que segue:

 

A Coruña

Ourense

Pontevedra

Total

 

 

 

 

TA

 

ENC

 

TA

 

ENC

 

TA

 

ENC

Total

TA

Total

ENC

 

TOTAL

CIG

8

3

3

1

9

2

20

6

26

CCOO

2

0

3

2

1

1

6

3

9

UGT

1

1

1

0

0

1

2

2

4

CSIF

2

0

2

1

3

0

7

1

8

NºDelegados

13

4

9

4

13

4

35

12

47

TA: Técnicos e Administrativos

ENC: Especialistas non Cualificados

cig.prensa@galizacig.com