Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 29/7/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os representantes dos traballadores e a patronal retomarán as negociacións polo convenio do Metal en setembro

Así o acordaron na reunión mantida na mañá do 29 de xullo, a instancias do xefe da Inspección de Traballo
Representantes dos traballadores e da patronal reuníronse na mañá do 29 de xullo para tentar retomar a negociación do convenio colectivo. A xuntanza, convocada a instancias do Xefe da Inspección de Traballo, José María Casas de Ron, foi valorada polo secretario da CIG-Metal “como unha toma de contacto”, aínda que recoñeceu que a situación “non está madura”.

O Secretario Nacional da CIG-Metal, Miguel Anxo Malvido, cualificou o encontro de “toma de contacto”, aínda que recoñeceu que a pesar das “boas intencións” amosadas pola patronal “o tema non está maduro” como para acadar un acordo. De feito, durante a xuntanza, convocada polo xefe da Inspección de Traballo, José María Casas de Ron, sindicatos e patronal acordaron retomar a negociación do convenio a partir do mes de setembro, á volta do período de vacacións.

Malvido subliñou que as reivindicacións continúan a ser as mesmas, logo de que hai un mes rematara a folga sectorial que tivo paralizado ao metal durante case trinta días: salarios, xornada e regulación da contratación no naval.Así, explicou que as tres organizacións con representación na mesa de negociación, CIG, UGT e CCOO, teñen recomposto a unidade sindical e mesmo chegaron a un consenso na postura a presentar ante a patronal, incluíndo a cuestión da regulación no sector naval, que para a CIG e irrenunciábel e indispensábel.

De igual xeito, adiantou Malvido, se non se producen avances no proceso de negociación durante o mes de setembro, retomaranse as protestas e elaborarase un novo calendario de mobilizacións conxuntas.

Postura intransixente

O secretario da CIG-Metal apuntou que a patronal está mantendo unha postura intransixente a respecto do naval, e mentres por parte de Asime sosteñen que non existen problemas neste punto, outra parte do empresariado tenta evitar a regulación argumentando que se trata dun punto fóra do convenio colectivo.

“Para a CIG é fundamental que se regule este punto, aínda que inicialmente non estaba, non hai que esquecer que a convocatoria de folga para todo o sector era polo convenio, pero tamén pola regulación do naval”, lembrou Malvido.

cig.prensa@galizacig.com