O pasado 18 de maio o Xulgado do Mercantil da Coruña publicaba un Auto polo que se autorizaba a empresa a extinguir 20 contratos de traballo dos 45 cos que conta. O Auto non é firme, xa que está recorrido, polo que se tiña iniciado un novo proceso de negociación coa empresa co ánimo de acadar un acordo sobre as condicións das extincións, abono de salarios pendentes, recoñecemento de antigüidade das persoas afectadas desde o primeiro contrato, etc.
O persoal afectado xa tiña iniciado con anterioridade a declaración de concurso da mercantil, alén de toda unha serie de reclamacións contra a firma por impago das pagas extras dos anos 2008 e 2009, ás que se lle suma o salario do mes de Maio do 2010. Esta débeda salarial levou tamén ás traballadoras a solicitar diante do Xuzgado do Social a extinción do contrato de traballo por impago, ao ser esta unha das causas que sinala o artigo 50 do Estatuto de Traballadores.
Así as cousas, desde a FGAMT entenden que a Dirección de empresa debe modificar a súa postura intransixente e continuar co proceso de negociación, xa que ate o de agora toda a plantilla tivo un comportamento exemplar para evitar danar á empresa téxtil. Porén, lamentan que isto non serviu para que a firma negociase de boa fe, evitando así a exteriorización pública do conflicto laboral.