A marcha partiu da sede da firma, situada na zona do Berbés, e percorreu a Avenida de Beiramar. Durante o traxecto, os afectados/as berraron consignas esixíndolle á dirección da firma o pago dos soldos que lles adebeda.
Ao mesmo tempo, o comité de empresa (CIG, CCOO e UGT) denunciaron os incumprimentos por parte da dirección con respecto á firma do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), o que levou os representantes dos traballadores/as a convocar unha xornada de folga.