marco
Vigo, 3/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Os antidisturbios chegaron mentres se estaban a realizar a asemblea, a pé, preparados para cargar.

Os parados do naval reclaman a solidariedade dos seus compañeiros de Barreras e paran a actividade

Fronte á chegada de antidisturbios, os traballadores de Barreras saíron defender e acompañar na súa loita aos desempregados
O mércores 3 de febreiro a primeira hora da mañá os desempregados da asemblea de parados do naval repartían aos traballadores de Barreras unha folla informativa na que daban a coñecer que aconteceu coa súa ocupación e posterior desaloxo neste estaleiro. Asi, chamaban á unha asemblea na hora do bocadillo, que se celebrou coa portada pechada, mais cos desempregados falando cun megáfono por riba do portalón. Antes de rematar a asemblea dotacións de antidisturbios corrían dispersar aos parados, polo que os obreiros de Barreras saíron en solidariedade cos desempregados e para facer fronte a esta tentativa de agresión policial.

"O pasado luns por acordo de todo o noso colectivo de parados, un grupo de nós ocupou dentro de Barreras a dependencia de enfermería, como unha acción máis das que temos pensado facer até que resolvamos o problema da contratación.

No peche do outro dia en Barreras, queríamos que a dirección de Barreras se reunira con nós para comprometerse a que as auxiliares contrataron aos parados que levamos anos no sector, tal e como se comprometeu Barreras. Só queríamos que nos recibira a Dirección de Barreras e o que fixo foi mandar a Policia para que nos desaloxarán de noite, á unha da mañá. Este é o diálogo de Barreras.

Nos non van parar, o noso dereito ao traballo é sagrado, fixemos co noso traballo que os estaleiros existan hoxe, fixémolos ricos e non vamos parar sen que isto se arranxe.

Pedímosvos que hoxe ás 10, na hora da bocadillo, veñades á porta para facer unha asemblea con nós, queremos dicirvos isto diante, como compañeiros de toda a vida. Porque entre todos recuperaremos a dignidade".

Follas informativas 

Esta era unha chamada de atención aos compañeiros e compañeiras de Barreras, que repartían as persoas da asemblea de parados do naval, ás seis da mañá.

Asemblea desde o portalón

Cando comezaban a concentrarse ás nove da mañá os parados, Barreras pechaba as portas. De feito, na asemblea que realizaron os parados tiveron que falar desde riba do portalón principal de Barreras.

Presenza de antidisturbios

Mentres estaba a falar Arturo Mouco nesta asemblea, apareceron un grupo de antidisturbios correndo, preparados para intervir, e diante desta situación os traballadores que estaban no interior de Barreras saíron, saltando por riba da porta, e facendo fronte á chegada policial, levantando os brazos e facendo recuar aos antidisturbios.

Paro en Barreras

A actividade en Barreras cesou, e mentres se mantiña o corte de tránsito en Beiramar, decidían en asemblea saír en manifestación cara aos outros estaleiros da zona, como Freire, Armón ou Cardama.

Continuarán as mobilizacións

O portavoz da asemblea de parados, Artur Mouco, anunciou que "imos continuar na nosa loita, até que consigamos regular a contratación".

"Aos empresarios o que lles interesa é que nun sector como este, que nos sempre estivemos unidos, pois que o naval se converta nunha xungla, e iso non o imos permitir. Cada vez que tentan que non falemos cos nosos compañeiros ou coartar as nosas liberdades, sempre lles sae mal, e o desta xornada é o exemplo", finalizou.

Galería de imaxes e video

Nesta ligazón, ou na galería de imaxes da nosa web, podedes consultar máis de trinta imaxes desta xornada.Tamén, nesta outra ligazón, podedes ver unha reportaxe audiovisual sobre o paro do 3 de febreiro.