Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 3/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Acto masivo da Plataforma contra a Privatización e polo Hospital Único de Pontevedra

Tivo lugar na tarde do 2 de marzo
O martes 2 de marzo celebrouse en Pontevedra un acto público organizado pola Plataforma contra a Privatización e polo Hospital Único de Pontevedra, esta Plataforma está composta por entidades representativas da Área Sanitaria pontevedresa, nace para reclamar a continuación dos plans de creación do Hospital Único de Pontevedra mediante a ampliación de Montecelo.

Constitúe a Plataforma, que está aberta a novas incorporacións, as seguintes entidades e institucións públicas:

Concellos Pontevedra, Poio, Marín, Caldas de Reis, Cotobade, Vilaboa, Bueu, O Grove, Vilagarcía, Illa de Arousa, Cuntis, Catoira e Moraña.

Partidos políticos BNG e PSOE

Asociacións Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública Federacións de Asociacións de Veciños Castelao e Teucro

Sindicatos CIG, UGT, CCOO, USAE e SATSE

Éxito de participación 

O acto resultou todo un éxito de participación, preto de 800 persoas encheron o auditorio de caixanova  onde os oradores explicaron detalladamente os grandes inconvenientes e perigos da privatización da sanidade, tanto no encarecemento como na perda da calidade asistencial e o deterioro das condicións laborais.

Como oradores/as participaron:

Teresa Casal, tenente de alcalde de Pontevedra.

Francisco Reyes, xurista, experto en economía e xestión sanitaria.

Manuel González Moreira, presidente da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.

Miguel Vilacoba, portavoz veciñal.

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.

Coa presentación pública desta plataforma esperan demostrar á Xunta que a cidade tampouco quere Monte Carrasco.

Máis información 

Quen queira mais información sobre a Plataforma pode visitar a páxina web recen estreada: www.unicoepublico.com

Nova manifestación o 16 de abril 

O 16 de abril convocarase unha manifestación para rexeitar as pretensións do PP de privatización da sanidade pública e a defensa do Hospital Único de Pontevedra.

cig.prensa@galizacig.com