Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 3/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O persoal da Cruz Vermella concéntrase fronte á Xunta e encadease diante da Dirección Provincial do Sergas

Vivíronse momentos de tensión coa policia
O persoal da Cruz Vermella segue coas mobilizacións para rexeitar o peche do hospital, nesta ocasión o mércores 3 de marzo concentráronse diante do edificio da Xunta e posteriormente encadeáronse diante da Dirección Provincial do SERGAS.
Durante a protesta vivíronse algúns momentos de tensión ao actuar a policía para impedir que o encadeamento se producira nalgúns lugares concretos, como na Praza da Estrela, fronte á Xunta.

"Non ao peche do hospital"

O persoal segue denunciando que a Cruz Vermella ten fondos e recursos suficientes para manter aberto o hospital, coa colaboración do SERGAS coma ata agora non habería dificultade para manter a actividade sanitaria pero a política de recortes do goberno do PP parece que se empeña na destrución de postos de traballo e precariedade do mesmo.

"Nun ano de goberno do PP o desamparo social vai a marchas forzadas", sinalan desde a CIG-Saúde de Vigo. No seu blogue podedes atopar máis imaxes desta xornada de mobilización.

 

cig.prensa@galizacig.com