O pasado mes de maio, no marco do conflito desencadeado polo despedimento dunha traballadora da compañía aérea Aircal, varios centos de militantes da USTKE concentráronse no aeródromo de Magenta. O alto comisionado do Estado francés, Yves Dassonville, enviou un forte continxente de xendarmes antidisturbios e do grupo de intervenciónd da policía, cos cales se produciron enfrontamentos.
É un novo exemplo de represión dos movementos sociais, agravado en contextos colonais como o de Kanaky. A CIG enviou un comunicado de solidariedade á USTKE, que reproducimos a seguir:
A Confederación Intersindical Galega (CIG) manifesta o seu apoio aos militantes do sindicato USTKE (Unión Sindical dos Traballadores Kanakos e dos Explotados); nomeadamente ao presidente Jodar e aos compañeiros sindicalistas con graves condenas por causa das súas accións no conflito da compañía aérea Airal.
A inxusta situación colonial que o pobo kanako sofre desde hai xa demasiado tempo levou a USTKE a se mobilizar no camiño da liberación social e a emancipación nacional. O Estado francés responde coa forza e a represión das loitas sociais.
A CIG esixe a posta en liberdade dos militantes sindicalistas e o arquivo das dilixencias abertas contra eles.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2009
VIVE LA KANAKY LIBRE!
VIVA GALIZA CEIBE!
La Confederación Intersindical Galega (CIG) apporte son soutien aux militantes du syndicat USTKE (Union Syndicale des Travailleurs Kanaks et des Exploités); notamment au président Jodar et aux camarades syndiqués lourdement condamnés par rapport à leurs actions dans le cadre du conflit de la compagnie aérienne Airal.
L'injuste situation coloniale que le peuple kanak subisse depuis trop longtemps a conduit la USTKE à se mobiliser sur le chemin de la libération sociale et l’émancipation nationale. L'Etat français répond par la force et la répression aux luttes sociales.
La CIG exige la relaxe de ces militants syndicalistes et l’arrêt des poursuites à leur encontre.
Santiago de Compostela, 3 juillet
2009 VIVE LA KANAKY LIBRE!
VIVA GALIZA CEIVE!