As limpadoras e limpadores permaneceron durante máis de dúas horas nas instalacións da empresa Linorsa berrando consignas para reclamar a apertura dunha mesa de diálogo co comité de empresa sobre o proceso aberto para renovar a concesión. Nestes momentos atópase prorrogada e está previsto que a vindeira semana se procede á apertura de plicas para resolver o concurso ao que se presentaron tres firmas, entre as que se atopa a actual concesionaria. Neste senso, dende a CIG-Servizos critican que non se lle teña trasladado toda a información ao comité de empresa e denuncian o acosao moral que está a sufrir a delegada sindical.
A secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo, María do Tránsito Fernández, explicou que a compañía está a incumprir acordos pactados coas traballadoras porque “fixeron contratos fixos discontinuos a persoas que non tiñan a antigüidade suficiente negociada co comité”. Fernández censurou tamén o feito de que Linorsa está a subscribir contratos de dúas horas “para traballar de oito a dez da noite”.