A continuación reproducimos á integra a folla informativa que está a ser difundida nos centros do traballo do metal:
Á folga o dia 5
O día 5 é unha xornada de folga. Nese dia loitamos contra a inxustiza que pretende meter en prisión a catro traballadores do sector.
Estes traballadores non son delincuentes aínda que se lle piden penas de cadea. Son os traballadores do sector, son a nosa xente, forman parte de nós e debemos protexelos. O Xulgado, a Fiscalía, a Xustiza e o Goberno deben ver que todos nós estamos con eles.
Por esta razón o dia 5 é unha xornada normal de folga: que non se crean as institucións que condenando a estes traballadores o sector do metal no próximo convenio vai renunciar a unha suba salarial xusta. Para nós nunca foi fácil, ninguén nos regalou nada, e a pesar da situación socioeconómica actual na que nos atopamos, non dubidaremos en sair á rúa para defender o noso convenio.
Como en calquera folga a primeira hora partimos desde os lugares habituais e logo nos desprazamos ata o lugar da concentración.
A CIG ten convocada folga en todo o sector do metal porque esta é unha loita pola nosa dignidade.