Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 30/1/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG presenta un informe sobre o paro rexistrado durante o 2008

O documento está elaborado polo Gabinete Técnico da central
O Gabinete Técnico da CIG vén de realizar un informe sobre os datos do paro durante o pasado ano. A responsábel do mesmo, Natividad López Gromaz, destaca que xa desde mediados do ano 2007, “os datos do paro rexistrado viñan presentando signos preocupantes”. No documento, que analiza por sectores os índices de desemprego, tamén se sinala que, se analizamos os datos en valores absolutos, “temos que retrotraernos ao ano 2004, para atopar valores semellantes de parados nas listas do INEM en Galiza”. A continuación reproducirmos o informe completo.

O documento analiza os resultados do paro rexistrado durante o pasado ano, comparando a súa evolución cos datos dos últimos anos. Neste senso, percíbese que “só no mes de xaneiro, a evolución interanual do desemprego foi negativa; a partir de aquí foise incrementando exponencialmente, ata acadar no mes de decembro un 22,5% máis de parados que en decembro de 2007”.

O informe analiza os datos do paro por sectores de actividade, provincia, sexo e mesmo una comparativa entre Autonomías. No que se refire ao sector industrial, destácase que o aumento do paro neste campo atrasouse con respecto ao resto dos sectores, aínda que a partir do mes de maio o incremento de desempregados foi exponencial.

Pola súa banda, o sector da construción foi o “gran destrutor de emprego” no 2008, concentrándose nos últimos meses do ano os maiores niveis de perda de postos “até acadar no mes de decembro incrementos históricos; concretamente neste mes hai rexistrados un 60% máis de parados que en decembro do ano anterior. Temos que nos retrotraer ao ano 1997 para atopar estas cifras de desemprego”, sinálase no documento.

En canto ao sector servizos continuou a mesma liña dos outros sectores, chegando a superar nun 20% os datos de desemprego de decembro de 2007.

Documentos
Inem2008.pdf
cig.prensa@galizacig.com