Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 30/12/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Gaza: Deteñamos o exterminio do pobo palestino!

Concentración o venres 2 de xaneiro en Vigo
Fronte aos bombardeos cos que o exercito de Israel provocou, polo momento, a morte de 360 palestinos e máis de 1600 feridos, así como a destrución de infraestruturas civís, e coa ameaza presente dunha invasión  militar terrestre do territorio palestino de Gaza, diversas organizacións sociais, sindicais, políticas, estudantís, veciñais, feministas e ecoloxistas CONVOCAMOS a toda a cidadanía de Vigo e bisbarra a unha concentración fronte ao MARCO, o vindeiro venres 2 de xaneiro a partires das 20h.
Para esixir a fin inmediata deste masacre coa que Israel tan só pretende o exterminio do pobo palestino, así como para reclamar o cumprimento das resolucións emitidas polas Nacións Unidas a respecto da cuestión palestina.

Solicitamos así mesmo sancións internacionais contra do estado de Israel, polo seu reiterado incumprimento dos mandatos da ONU, e tendo en conta que os bombardeos contra obxectivos civís, están tipificados como crimes de guerra pola IV Convención de Xenebra.

 

CONVOCAN:

 

-     Asociación Galiza por Palestina.

-     Galiza Nova

-     Comités (CAE+CAF)

-     Confederación Intersindical Galega (CIG)

-     Bloque Nacionalista Galego (BNG)

-     Marcha Mundial das Mulleres

-     Federación de Asociación Veciñais "Eduardo Chao"

-     Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

-     Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)

-     Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

cig.prensa@galizacig.com