Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 30/12/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG gaña as eleccións sindicais na factoría de Leite Celta de Pontedeume

A central nacionalista consegue 7 dos 9 delegados/as do comité de empresa
A CIG vén de gañar as eleccións sindicais na factoría que Leite Celta ten en Andrade, Pontedeume, ao acadar 7 dos 9 delegados/as que integrarán o Comité de empresa. A central nacionalista foi a única organización capaz de presentar candidatura na mesa de especialistas, onde se xogaban cinco delegados/as.

As eleccións, celebradas o pasado 21 de decembro, realizáronse con normalidade chegando a acadarse un 75% de participación en ambas mesas electorais, segundo explicou o Secretario da FGAMT-CIG de Ferrol, Alexandre Romero. En canto á mesa de técnicos, onde se elixían 4 delegados/as, presentáronse dúas candidaturas (da CIG e UGT), conseguindo a central nacionalista dous delegados/as.

Na mesa de Especialistas a única candidatura foi a presentada pola CIG, que acadou os cinco delegados/as restantes que formarán parte do Comité de empresa.

Dende a FGAMT-CIG quixeron dar as grazas a todos os traballadores e traballadoras “que unha vez máis confían no modelo sindical que a CIG propón”.

cig.prensa@galizacig.com