A CIG insiste en que estará vixilante sobre as posíbeis repercusións que puidera ter este proceso de fusión sobre o emprego e exixirá a creación dunha mesa integrada pola administración, a representación das caixas e a representación sindical para facer un seguimento sobre as consecuencias da fusión sobre os postos de traballo e as condicións laborais.
A CIG tamén amosa a súa preocupación sobre se o acordo de fusión vai condicionado á modificación da Lei de Caixas recén aprobada polo parlamento de Galiza e reitera que se oporá a calquera cambio que se faga que supoña un retroceso respecto do control público das caixas e da elección democrática dos órganos de direccións das mesmas.