Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 30/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Seaga readmite a traballadores/as despedidos/as, pero non lles paga os salarios atrasados

A CIG de Ourense denuncia que unha empresa con capital público vulnere a lexislación laboral e ignore as sentenzas xudiciais
A CIG de Ourense vén de denunciar que a empresa pública Seaga, que depende da Consellería de Medio Rural, procedeu nestes días a cumprir a sentencia do Xulgado do Social que a condenaba a readmitir a varios representantes sindicais da central, pero incumpre a mesma ao non facer efectivos os salarios de varios meses que lle corresponde aboar polo tempo en que o persoal estivo despedido á espera da celebración de xuízo.

“Consideramos lamentábel e impresentábel que unha empresa con capital público, vulnere continuamente o establecido na lexislación laboral e aínda máis grave, que incumpra as decisións xudiciais, primeiro atrasando a reincorporación deste persoal ao seu posto de traballo e agora castigando aos/ás afectados/as sen percibir os salarios adebedados”, critica o secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco.

Para a CIG de Ourense esta actitude dos directivos de Seaga obedece a unha política de castigo contra os/as traballadores/as que reclamaron ante o Xulgado os seus dereitos. “A asesoría Xurídica da nosa Central pedirá novamente a intervención do Xulgado do Social para que se execute integramente a sentencia”, advirte Blanco.

cig.prensa@galizacig.com