Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 30/4/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Educación ten intención de pechar dúas unidades do Colexio Rural Agrupado de Teo

A Consellaría tenta convencer os pais e nais do alumnado do bo que sería desprazarse a un centro educativo máis grande
A CIG-Ensino de Compostela amosou o apoio da central á comunidade educativa do Colexio Rural Agrupado de Teo (Profesorado, pais e nais do alumnado…) na reclamación de que non se pechen dúas unidades deste centro. Así mesmo, denunciouse a pretensión da Consellaría de convencer aos pais e nais do “bo” que sería desprazar ao alumnado a un centro educativo de maiores dimensións.

Dende a CIG-Ensino aseguran non comprender o peche das unidades de Baamonde e Oza, cando noutros casos similares en número de matrícula mantéñense abertas e tendo en conta que neste centro agrupado dáse o caso de que unha das escolas  ten unha matrícula de 9 alumnos.

“Cando a administración comunica aos pais as vantaxes de matricularse no centro da Ramallosa, esquece que o centro estaría moito máis masificado e con moitos menos medios en relación ao número do alumnado. O CRA está perfectamente dotado en canto a material e profesorado”, subliñan dende a CIG-Ensino de Compostela.

A Consellaría de Educación volve demostrar que entende o ensino como un produto mercantilista ao que hai que sacarlle rendemento e non como un servizo social, máis aínda no rural galego.

Desde a CIG Ensino, esixiuse que se atenda á razóns pedagóxicas en lugar das mercantilistas á hora de abrir ou pechar unidades, tanto neste caso como noutros.

cig.prensa@galizacig.com