Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 30/4/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Homenaxeados/as de Ourense.

Acto de Vigo.

Suso Seixo, durante a súa intervención en Vigo.

Acto de Ourense.

A CIG homenaxea en Vigo e Ourense os afiliados/as con 25 anos ou máis de compromiso co proxecto sindical nacionalista

Máis de 400 persoas recibiron un pequeno agasallo en recoñecemento á súa traxectoria de loita en defensa dos intereses colectivos
A CIG de Vigo e a de Ourense aproveitaron esta fin de semana para homenaxear os seus afiliados e afiliadas con 25 anos ou máis de compromiso co proxecto sindical nacionalista. Na cidade olívica máis de 300 persoas recibiron un pequeno agasallo de mans do secretario xeral da CIG, mentres que no caso de Ourense foron homenaxeadas arredor dun cento.

Homenaxeados/as en Vigo.

Con este acto, enmarcado dentro da campaña do Primeiro de Maio, a CIG que subliñar o compromiso destes compañeiros e compañeiras; un compromiso fundamental para que, ao longo deste anos a Confederación se puidera consolidar como central sindical representativa cunha importante implantación en todo o país e en todos os sectores produtivos, acadando o amplo respaldo social co que conta hoxe en día.

Ao mesmo tempo, alén de facer o recoñecemento individual que simbolicamente se materializa cun obsequio, a CIG pretende transmitir a mensaxe de que o que hoxe representa é froito do esforzo colectivo de moitas persoas, especialmente de todas aquelas que levan tantos anos de compromiso co proxecto sindical.

No caso de Vigo participaron na homenaxe arredor de 300 persoas, das máis de 800 que contan con 25 anos ou máis de antigüidade, mentres que en Ourense foron preto dun cento as que recolleron o agasallo. Nesta provincia, o número de afiliados/as con un cuarto de século ou máis de compromiso está preto das 150 persoas.

Homenaxe individual nun proxecto colectivo

Nestas ideas afondou en Vigo o secretario xeral da CIG, quen agradeceu a todos e todas as presentes o seu compromiso co sindicalismo nacionalista, "e polo tanto, coa defensa dos dereitos e dos intereses da clase traballadora galega e tamén coa defensa dos intereses nacionais de Galiza".

Máis alá do propio recoñecemento individual, Suso Seixo apostou por salientar valores como a solidariedade, o traballo colectivo, a xenerosidade ou compromiso militante e desinteresado. "Só a través deste valores se pode explicar que foramos quen de construír un proxecto sindical como o que hoxe representa a CIG", lembrou.

Finalmente, chamou a todos/as os presentes a seguir a contestar na rúa as agrasións que está a podecer a clase traballadora no actual contexto de crise económica. "Temos que levar a iniciativa en canto a ofrecer alternativas e encabezar as mobilizacións e a contestación social a estas políticas tan inxustas, antisociais, antiobreiras, antigalegas e antidemocráticas".

cig.prensa@galizacig.com