Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 30/5/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG chama a asinar o manifesto en apoio á II Flotilla da Liberdade

Partirá rumbo a Gaza en xuño, con axuda humanitaria e co propósito de romper o bloqueo a que a ten sometida Israel
En xuño zarpará rumbo a Gaza a II Flotilla da Liberdade con axuda humanitaria para a población da Faixa e co propósito de romper o bloqueo a que a ten sometida Israel. A CIG, que participa desta iniciativa internacional de carácter pacífico, chama a asinar o manifesto para sumar apoios e reclamar das autoridades que tomen as medidas necesarias para protexer a vida e integridade das persoas que forman parte dela.

MANIFESTO:

As persoas que asinamos este escrito queremos manifestar o noso apoio á Flotilla da Liberdade II que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitária para a castigada populación da Faixa e o propósito de romper o criminal bloqueo a que a ten sometida Israel.

O carácter pacífico desta iniciativa internacional e a legalidade do seu obxectivo deberian ser razóns suficientes para garantir a seguridade das persoas e os bens que viaxarán a bordo dos 15 buques que está previsto formen a frota. No entanto, a experiencia do ataque perpetrado pola armada israelita en 2010 contra a primeira Flotilla da Liberdade, que se saldou coa morte de 10 activistas e un elevado número de cooperantes ferida/os, asi como as recentes ameazas e presións de Israel, fan temer que o estado sionista poda recorrer mais unha vez á violencia para tentar impedir que a axuda humanitária chegue a Gaza. Neste sentido, reclamamos das autoridades galegas e españolas que tomen as medidas necesarias para protexer a vida e integridade das persoas que participarán na iniciativa, varias delas galegas, e garantir que a axuda solidaria chegue ao seu destino: a asediada Faixa de Gaza.

Sinatura

cig.prensa@galizacig.com