O IES A Sangriña (A Guarda) acolle un novo peche contra os recortes no ensino público
Xa houbo en centros de Santiago, Melide, Ferrol, Verín, Vigo, A Coruña e Pontevedra. Nais, pais, estudantes e docentes precharanse en Ribeira e Carballo este xoves
Os peches en contra
dos recortes no ensino público continúan este mércores no IES A Sangriña (A
Guarda). Esta mañá rematou tamén o peche no IES Johan Carballeira de Bueu. A
convocatoria da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa o xoves
con encerros en Ribeira e en Carballo. Co de Bueu, xa son dez os peches
realizados en centros de ensino para esixir á Consellaría de Educación que non
aplique ningunha das medidas recollidas no RD Lei 14/2012 e que o recorra por
invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galiza.
A
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten previsto continuar cos
encerros ata o 1 de xuño para, segundo explicou o secretario nacional de
CIG-Ensino -organización que fai parte da Plataforma Galega en Defensa do
Ensino Público-, Anxo Louzao, rexeitar os recortes propostos. Denuncia que con
eles se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito
de igualdade de oportunidades do alumnado e advirte de que aumentará o fracaso escolar e suporá o
despedirá de máis de 2.000 profesores/as.
Galería