Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 30/5/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Publicada no DOG a Orde pola que se regulan as axudas para escolas infantís non sostidas con fondos públicos

Estabelécese un baremo en función da renda
O DOG do 30 de Maio publica a Orde pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia nas escolas infantís (0-3) non sostidas con fondos públicos, a través do programa cheque infantil. A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar e non poderá superar, en ningún caso o custo da praza. No caso de media xornada reducirase nun 50%.

A axuda convocada consiste nunha cantidade para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil non sostida con fondos públicos, ás persoas solicitantes con nenos/as entre 0 e 3 anos ao cargo, por un período máximo de 11 meses.

Poderán ser beneficiarias as familias residentes en Galiza que renoven praza e que a tiveran recoñecida no curso anterior, sempre que cumpran os requisitos previstos; quen non resultaran adxudicatarias dunha praza nunha escola infantil sostida con fondos públicos e quen resida en localidades onde non existan escolas infantís públicas.

Documentos
Anuncio cheque infantil.pdf
cig.prensa@galizacig.com