Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 31/1/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Expediente de Regulación de Emprego de Novagalicia Banco afectará a 650 persoas

Na nota da Dirección, emitida aos medios de comunicación, inclúense medidas de recorte salarial escalonado que non se propuxeron na mesa de negociación
Novagalicia Banco comunicaba este luns ás organizacións sindicais que a entidade ten que aforrar 50 millóns de euros anuais en gastos de explotación, que sobran 250 persoas nos servizos centrais de Galiza e entre 350 e 400 na rede 2. Excedentes que xustifican polo peche de 110 oficinas. O total de persoal excedente é de 650 persoas, en 2012, sen descartar novos recortes para o ano que vén.

CIG-Banca explica que nesta xuntanza, a Dirección da entidade, logo da oferta de dialogo, apareceu acompañada de 3 asesores externos do despacho de avogados de Madrid de Sagardoy, ademais de 2 avogados internos de Relacións Laborais. Ante isto, o secretario nacional de CIG-Banca, Clodomiro Montero, sinala que “entendemos que non é de recibo ofertar diálogo e xudicializar as conversas” e advirte que “a CIG valorará se asiste ou non ás seguintes reunións ou se envía a avogados do sindicato”.

Segundo Montero, a primeira parte da reunión foi unha exposición sobre a situación económica mundial, europea e do Estado, coa fin de xustificar as medidas que propuxeron posteriormente. “Despois de hora e media dunha clase de marcoeconomía que non compartimos nin pedimos” foi cando recibiron a noticia: hai que aforrar 50 millóns de euros anuais en gastos de explotación e que sobran 250 persoas en SSCC-Galiza e 350/400 na rede 2, excedentes este último xustificado polo peche de 110 oficinas. Este excedente total de 650 persoas é para o ano 2012, sen descartar novos recortes para o ano que ven. Segundo a CIG-Banca, outros sindicatos pediron que as medidas afecten a toda a rede comercial, incluída a rede galega, “todos traballamos na mesma empresa”, argumentaron.

A CIG-Banca asegra que a Directora de Persoal incidiu en que os investidores privados agardan a que se reduzan gastos e persoal para entrar. Pero Martín Godinio de Sagardoy dixo que o excedente era froito da integración (non aclarou integración con quen). “Preguntamos á Directora de Persoal si na vindeira reunión comezaba o período de consultas ao que contestou que si, mentres que Martín Godino dixo que non. É dicir versión contraditorias, nunha cuestión tan sensible para todo o cadro de persoal”.

Segundo infrma a CIG-Banca, na seguinte reunión farán propostas e agardan que os sindicatos “sexamos imaxinativos. Que saibamos só hai un xeito de botar 650 persoas da empresa: un ERE. Agardamos pois que digan que clase de medidas queren incluir no mesmo, a CIG no acepta despedimentos e o persoal xa dixo NON ás baixas incentivadas”.

A CIG propuxera o aprazamento da negociación de calquera medida laboral até procurar unha solución ao problema comercial, para evitar transmitir incertaza á clientela, xa que ante a grave situación de desconfianza xerada pola comercialización das participación preferentes, nomeadamente na comarca do Morrazo e Vigo, se están a producir concentracións de clientes a cotío, con insultos e ameazas ao persoal tanto no posto de traballo como no día a día. Esta proposta foi apoiada polo resto da representación, pero a Dirección desestimouna. A CIG-Banca explícase a actitude da dirección, porque xa tiñan remitido un comunicado aos medios de comunicación antes de entrar na reunión. “O disparate non quedou aí. A empresa confundiuse no comunicado (enviou o da 2 reunión?) e falou de medidas de recorte salarial escalonado que non propuxo na mesa negociacidora”, denuncia.

cig.prensa@galizacig.com